Que aburrido me parece darche unha descrición do que é esta danza. Que che parece se xogamos?
Fágoche de guía polo teu maxín e vou transformando as imaxes que se che van aparecendo na cabeza. Aceptas?
Malinké. Que che evoca “malinké”? Que te figuras? Quizáis malinké che pareza o nome dunha tribu dos indios norteamericanos, africana ou polinesia. África, queda en África!
Dixemos tribus? Daquela, paréceche que a Danza malinké é tribal? Non vas desencamiñadx, pero mmmmmmmm… A palabra tribal non me gusta demasiado, así que transforma a túa visión para unha danza tradicional, en lugar de tribal, si?
Agora quizáis xa te imaxinas a persoas bailando arredor dunha fogueira, descalzxs, con movementos libres e salvaxes, con pouca roupa. Bota o freo! Aquí hai moitos estereotipos. Descalzas, si! A Danza malinké báilase descalzas. Arredor dunha fogueira… podería ser, pero non necesariamente. Poderías ver esta danza a plena luz do día, cun sol tórrido.Transforma a túa imaxe poñendo unha roda ampla de persoas e deixa que algunhas entren a bailar e volvan ós bordes da roda. Bailan sobre terra, iso sí.
A música! Qué música hai e qué instrumentos visualizas? Ves un tocadiscos? Unha “soundsystem”? Jaitas e pandeiretas?África é o continente por excelencia dos… acordeóns? Dos tambores, claro! Percusión a centos e variada por todo o continente. Así que mete uns tambores nesa roda!
Cómo son os movementos? Libres e salvaxes? De novo, estereotipos abaixo! Son movementos aprendidos dende a infancia, controlados, pero si algo salvaxes ou polo menos así nos da a impresión dende fóra porque son rápidos e frenéticos (precioooosos!). Case sen roupa? O que te poderías encontrar se viaxas son roupas colaradas e non taparrabos. Así que tes que vestir un pouco ós participantes desta festa!
Pero viaxar a onde? Non é de calquera país de África. Acoutamos territorio? De onde pensas que é a danza malinké? Norte, Sur, Leste, Oeste,Centro? Unha pista: o nome malinké axúdache. Bravo, Malí, claro que sí!
Moi ben, pois estamos no oeste de África, dende Malí ata o Atlántico e dende o sur de Senegal até Costa de Marfil. Daquela xa podes imaxinar o contexto e situalo na rexión e sabes que estás a observar a tradición dos pobos malinkés.
Veste nesa roda? Gustaríache saber bailar esta danza? Realmente é algo complicado porque esta é unha danza que posúe moitísimos movementos, bastante complexos. A danza é bastante rápida e hai que coñecer algúns códigos da “percu”. Pero… Sí Se Puede!
A danza é unha linguaxe. Igual que cos idiomas hai tradutoras e mestras que cunha boa didáctica conseguen que xs alumnxs poidan desenvolverse.
Namoreime desta danza. Dende que comecei, o meu estudo nunca cesou. Fun afacéndome a esta linguaxe, aínda que me queda moito por aprender, e buscando sempre como poder transmitila facilmente.
Ó final, ensinar Danza Malinké resulta máis doado que ensinar un idioma. Simplemente, son capaz de desfacer os movementos complexos nos seus niveles máis básicos e ir dándolle ó teu corpo a información que pode procesar e absorber. Teño experiencia con isto e podo afirmar que nunha hora consigo facerte bailar. Conseguiría que puideras saír a unha roda e facer catro pasiños básicos e vistosos.
O máis importante: a Danza Malinké senta xenial! Conseguir que bailes é secundario porque o principal é que soltes adrenalina, que te divirtas e que te sintas BEN. Levo percusión! Porque sen a música ao vivo, a danza malinké queda moi coxa.
O próximo 1 de febreiro estarei ofrecendo unha masterclass, de 18: 00h a 19:00h, no centro Inspira da Coruña.
Reserva a túa praza neste link!
Que che parece cambiar agora toda a túa visión e traela ó Centro Inspira da Coruña? Eu devezo por facerme con esta imaxe, pero sen alumnxs será imposible!
Ven gozar da Danza Malinké. Estou segura de que a túa visión desta danza cambiará porque incorporarás á túa imaxe un montón de emocións e sensacións positivas e vitalizantes. Pero isto tes que vivilo, non vale que cho conte eu.
Abur!
Tania Veiga ,profesora de Danza Malinké. (Danzataniaveiga.com)