Descripción
BOTIQUÍN NATURAL DE PRIMAVERA. Imparte Elisabeth Vera.
Os aceites esenciais teñen o poder de transformar e fortalecer a nosa saúde sendo moi terapéuticos en todos os ámbitos da vida: físico, emocional, espiritual e social. Coa chegada da primavera ocorren cambios de temperatura e na natureza que nos poden afectar como as alerxias, a astenia, o estrés primaveral ou as alteracións do sono.
Neste taller aprenderás de forma práctica e sinxela a confeccionar a túa propia caixa de primeiros auxilios de aromaterapia, realizaremos unha cata olfativa de aceites esenciais acompañados duns exercicios de respiración que nos axudarán a equilibrar Mente-Corpo, gozaremos dunha infusión de plantas medicinais procedentes da agricultura ecolóxica que favorecen a detoxificación corporal e ao finalizar levarás para a casa unha sinerxia de aceites esenciais para uso persoal.
Imparte o Taller Elisbeth Vera, especialista en Naturopatía integrativa e cosmética natural. Eli Vera estuda os aceites
esenciais desde unha abordaxe terapéutica no ano 2014 na academia de Aromaterapia Inglesa Tisserand, ao día de hoxe
segue en formación continua e ofrece asesorías en aromaterapia e cosmética natural desde a súa marca persoal ELIVITAL.
CÓMO PARTICIPAR:
Actividade aberta a calquera persoa interesada sexa ou non socia da cooperativa.
Nota: Impulsamos o asociacionismo se aínda non es socia e queres axudarnos para manter a continuidade desta e outras actividades podes facerte socia aquí. A cota mensual é de 10€/mes. Con esta cuota colaboras ao mantemento económico da cooperativa e das súas persoas traballadoras. Inclúe un seguro de responsabilidade civil e de accidentes necesarios para realizar calquera actividade presencial organizada por Kibutz.
Sexas ou non socia de Kibutz Cooperativa Galega se desexas participar, debes inscribirte con anterioridade. Aforo limitado.
DATAS E HORARIOS:
Venres 24 de maio de 18:00 a 20:00h.
As crianzas son benvidas. Sempre son responsabilidade total das persoas adultas que os acompañan.
PREZO:
Aportación voluntaria consciente, destinada na súa totalidade para a persoa formadora.
LUGAR:
Agradecemos moitísimo a Os Biosbardos, a cesíón de uso do seu espazo para a realización desde obradoiro.
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Dirección: Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
MATERIAL:
Trae unha silla plegable para sentarte ademais do que poidas necesitar: caderno, lapis e lapis de cores para tomar notas. Calzado adecuado para as leiras, agua, merenda, mantiña, silla ou coxín para sentarte, sombreiro de palla ou gorra, ou o que creas que poidas precisar.
Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!
Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)