Ciclo comparte os teus saberes: Marterclass Baile Africano con Tania Veiga – sábado 1 de Febreiro

Aportación destinada á ONG Miradas al Mundo

Faite socia/o por 10€/mes e disfruta de tódalas vantaxes de formar parte de Kibutz Cooperativa Galega, +info aquí.

 

Categoría:

Descripción

CICLO COMPARTE OS TEUS SABERES

Masterclass de Danza Malinké con percusión en directo. Facilitada por Tania Veiga 

A danza é terapéutica. Sana porque mantén as nosas mentes ancoradas no presente, porque nos achega ós nosos corpos e porque sobe a nosa enerxía; en definitiva, aumenta a nosa vitalidade. A Danza Malinké (que é a danza tradicional de moitos pobos no oeste de África) respeta o corpo e o sentir de cadaquén e por iso é asequible a tódalas persoas independentemente da súa idade, condición física ou experiencia.

Todo isto poidémolo experimentar na Masterclass do pasado 1 de Febreiro 2020: lume, risas, calor, enerxía, alegría, moitos tambores e profesionalidade da man de Tania Veiga (danzataniaveiga.com) con música en directo dos seus acompañantes e amigxs!

Non deixedes de seguir a Tania Veiga alí donde vaia coa súa danza e descubriredes a oportunidade de vivir o ben que senta. 

Agradecementos ao centro Inspira, pola cesión das súas marabillosas instalacións. Recaudación destinada á ONG Miradas al Mundo.

Deixámosvos fotos e vídeo do evento.