Danza Contact con Carlos Conde. Venres 25 de marzo ás 18:00h.

Faite socia/o por 10€/mes e disfruta de tódalas vantaxes de formar parte de Kibutz Cooperativa Galega, +info aquí.

 

Categoría:

Descripción

DANZA CONTACT. Facilitada por Carlos Conde.

A danza contact (tamén denominada «contact improv»), é unha forma de danza postmoderna baseada na comunicación entre dous ou máis corpos, que se moven en contacto físico mentres simultáneamente son desafiados polas leis físicas que gobernan o seu movemento: gravidade, momentum e inercia.

Coñéceselle tamén como unha meditación en movemento, dado a que favorece a escoita interna e externa, o estar aquí e agora, o estar presente en cada movemento.

Tamén axuda a mellorar destrezas sociais xa que fomenta a colaboración e acordos constantes entre as persoas, aumenta a confianza e a empatía. Oriéntase cara ao coidado do outro e dun mesmo e fortalece a comunicación clara e asertiva.

Agasállate un tempo para ti e ven a disfrutar desta sesión de improvisación.

CÓMO PARTICIPAR:

Actividade exclusiva para socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia, podes facerte socia aquí. 

A cota mensual para asociarte é de 10€/mes. Con esta cuota colaboras ao mantemento económico da cooperativa e das súas persoas traballadoras. Inclúe un seguro de responsabilidade civil e de accidentes necesarios para realizar calquera actividade presencial organizada por Kibutz. 

Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade. Aforo limitado.

DATAS E HORARIOS:

Venres 25 de marzo de 18:00h a 20:00h.

Clase indicada para persoas adultas.

PREZO:

Aportación  voluntaria consciente, destinada na súa totalidade para a persoa formadora deste obradoiro.

LUGAR:

Agradecemos moitísimo a Kamala, la cesíón de uso de su espacio para el desarrollo de esta actividad.

Kamala, centro de terapias alternativas quiromasaje • pilates • yoga

Dirección: Rúa Tapia número 3D, 1°A —El Temple, La Coruña.

Ubicación en google maps:

https://goo.gl/maps/MUT5yfhwhb88kgLR9

MATERIAL:

Trae o que poidas necesitar: roupa adecuada, agua…

Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!

Para máis info: [email protected] ou 615399987 (Raquel)