Descripción
MASTERCLASS DE DANZA MALINKÉ CON PERCUSIÓN EN DIRECTO. Facilitada por Tania Veiga
A danza é terapéutica. Sana porque mantén a nosa mente no presente, porque nos conecta cos nosos corpos e porque sobe a nosa enerxía; en definitiva, aumenta a nosa vitalidade. A Danza Malinké (que é a danza tradicional de moitos pobos no oeste de África) respeta o corpo e o sentir de cadaquén e por iso é asequible a tódalas persoas independentemente da súa idade, condición física ou experiencia.
Todo isto ímolo experimentar na Masterclass do próximo domingo 20 de febreiro. Risas, calor, enerxía, alegría, moitos tambores e profesionalidade é o que nos espera da man de Tania Veiga (danzataniaveiga.com) con música en directo dos seus acompañantes e amigxs!
Non deixedes de seguir a Tania Veiga alí donde vaia coa súa danza e descubriredes a oportunidade de vivir o ben que senta.
Agradecementos ao centro Inspira, pola cesión das súas marabillosas instalacións. Recaudación destinada á ONG Miradas al Mundo.
Deixámos un vídeo para que te poidas facer unha idea do que vai a suceder:
CÓMO PARTICIPAR:
Esta formación realizarase en exclusiva para as persoas socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia de Kibutz, podes facerte socia aquí. A cota mensual para asociarte é de 10€/mes.
Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade para así poder ter control do aforo.
DATAS E HORARIOS:
Domingo 20 de febreiro de 18:00h a 20:00h aproximadamente.
MasterClass indicada para persoas adultas.
PREZO:
Aportación voluntaria consciente. Ti decides a valoración desta actividade, calquera xesto de xenerosidade é súper benvido. A metade dos fondos recaudados serán destinados a ONG Miradas al Mundo e a outra metade serán para a persoa formadora.
LUGAR:
Agradecemos moitísimo a Inspira, a cesíón de uso do seu marabilloso espacio para o desenrolo de esta actividade
Avenida Finisterre, 125, 15004 A Coruña.
Ubicación en maps:
https://g.page/InspiraVidaConsciente?share
MATERIAL:
Trae o que poidas necesitar: roupa adecuada, agua…
Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!
Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)