Descripción
Chega axiña o verán e con el as ganas de que o noso ser máis xenuíno brille por todo o alto, así que nestes obradoiros inmersivos de Danzaterapia contaremos con propostas que requiren do noso corpo como ferramenta e descubriremos as propiedades terapéuticas da danza e do movemento libre que afloran espontaneamente se deixamos que o noso corpo se exprese. O obxectivo será xerar autoestima, confianza e expansión sempre co autorregulamento do noso biorritmo propio e dentro dun equilibrio psicofísico.
Non é necesaria experiencia previa no mundo da danza para participar pero si ter curiosidade e/ou gusto polo movemento corporal e a conexión corpo-mente-emocións.
Tamén se empregarán diversos recursos artístico-creativos para externalizar e anclar o traballo corporal vivido.
Prégase, na medida do posíbel, un compromiso de asistencia ás 8h propostas repartidas no horario que se indica máis abaixo.
Sesións impartidas por Eva de la Torre Conde, que cursou o Máster de Técnicas de Danza en Terapia e Recursos Psicocorporais e que actualmente segue a formarse coa danzaterapeuta Txell Prat, formacións que engade ao seu dilatado percorrido anterior polo mundo das terapias alternativas e da meditación, do ioga, do movemento libre e da xestión emocional, así como tamén no campo das artes, no que ela se define como artista multidisciplinar.
CÓMO FORMAR PARTE
Poderán participar nestes obradoiros inmersivos con aportación voluntaria (suxestión dun mínimo de 25€) calquera persoa socia da cooperativa. As persoas non socias poderán participar facéndose socias previamente (10€/mes e teñen dereito a esta e ao resto de actividades que a cooperativa oferta sen obriga de permanencia).
A inscrición pecharase dous días antes do comezo das sesións.
DATA:
Do 17 ao 20 de XUÑO de 2024, de luns a xoves en horario de 17,30 a 19,30h
LUGAR:
As sesións terán lugar ao aire libre na natureza no lugar Os Biosbardos Cultura de Leira (Lugar de Lendoiro, Cecebre- A Coruña).
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
Esperámosvos!!!
Para máis info: kibutz@kibutz.es o 615399987 (Raquel) e 660375401 (Eva)