Descripción
ROTEIRO DE IDENTIFICACIÓN DE MATERIAL VEXETAL CESTEABLE e OBRADOIRO DE CESTERÍA SILVESTRE. Facilita Quim Orriols.
Co obxetivo de conectar coa natureza e vivir máis preto dos seus ritmos, esta nova proposta permitirá aprender a recoñecer a diversidade material que conforma a nosa paisaxe. Aprenderemos a utilizar os materiais en diferentes técnicas de cestería silvestre coa creación de diferentes obxetos útiles no noso día a día.
Quim Orriols é un artisita visual multidisciplinar que constrúe a súa obra a través da observación da natureza. Investiga técnicas artesanais tradicionais usando materiais naturais e reciclados, como as fibras vexetais, madeira, pigmentos terrosos, etc…
Quim, invítanos a facer un percorrido polo bosque para aprender o recoñecemento de plantas utilizadas na cestería tradicional galega. Neste paseo faremos a recollida do material necesario para continuar cun obradoiro de creación de cestería silvestre.
CÓMO PARTICIPAR:
Esta formación realizarase en exclusiva para as persoas socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia de Kibutz, podes facerte socia aquí. A cota mensual para asociarte é de 10€/mes.
Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade para así poder ter control do aforo.
DATAS E HORARIOS:
Roteiro: Sábado 26 de febreiro de 11:00 a 13:00h
Obradoiro de Cestería silvestre: Sábado 5 de marzo de 10:00 a 14:00h
PREZO:
Aportación voluntaria consciente. Ti decides a valoración desta actividade, calquera xesto de xenerosidade é súper benvida. Os fondos recaudados irán destinados á persoa formadora desta actividade.
LUGAR:
O Obradoiro de Cestería silvestre do sábado 5 de marzo realizarase nas instalacións de Os Biosbardos:
Os Biosbardos • Cultura de Leira
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
MATERIAL:
Para o roteiro: roupa adecuada, auga, tesoiras de poda, cesto, etc…
Para o Obradoiro de Cestería: material recollido no roteiro, cadeira para sentarte, auga.
Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!
Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)