Descripción
pr
ROTEIRO DE IDENTIFICACIÓN DE PLANTAS MEDICIÑAIS E COMESTIBLES E SESIÓN MUSICAL MEDITATIVA.
Seguro que che encantará saber as virtudes dalgunhas plantas mediciñais e comestibles da terra onde vives, seguro que che gustará probar as súas flores, e follas, e engadilas á túa cociña. Seguro que isto che axudará a mellorar a túa calidade de vida.
Bienvenid@s ao roteiro polo Bosque Chelo deste venres 26 de novembro ás 16:30h. Non é só un roteiro, é moito máis xa que contaremos cunha sesión instrumental meditativa do músico David Karro.
CÓMO PARTICIPAR:
Esta formación realizarase en exclusiva para as persoas socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia de Kibutz, podes facerte socia aquí. A cota mensual para asociarte é de 10€/mes.
Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade para así poder ter control do aforo. O obradoiro realizarase ao aire libre en plena naturaleza.
DATAS E HORARIOS:
Venres 26 de Novembro de 16:30h a 18:30h aproximadamente.
As crianzas son benvidas. Sempre son responsabilidade total das persoas adultas que os acompañan.
PREZO:
Aportación voluntaria consciente. Ti decides a valoración desta actividade. Todas as actividades que Laura Giner realiza co fin de obter coñecementos sobre a medicina da Terra, serán realizadas desde a «ECONOMÍA DO DON», é dicir, da achega voluntaria que achegan a persoas que asisten. Tamén haberá CD´s á venta do músico David Karro.
LUGAR:
Lugar Colantres, 17, 15316 Coirós, A Coruña
Se chove, poderemos contar coa aula do centro de interpretación do bosque.
Ubicación en maps:
MATERIAL:
Trae o que poidas necesitar: calzado adecuado para o bosque, roupa para posible choiva, tesoiras, cesto, agua, merenda, mantiña ou silla para sentarte…
Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!
Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)