Roteiro de identificación de plantas de San Xoán.

0,00

Solo quedan 2 disponibles

Categoría:

Descripción

ROTEIRO DE IDENTIFICACIÓN DE PLANTAS DE SAN XOÁN

Coa chegada do solsticio de verán e a próxima data de San Xoán preséntase un momento máxico para ofrecer un fermoso Roteiro polas leiras de Os Biosbardos e gozar das virtudes e sabedoría da Natureza.

O Roteiro consta de dúas partes. Inicialmente faremos un roteiro onde iremos coñecendo as diferentes especies e falaremos delas, aprenderemos a súa identificación, virtudes medicinais e alimentarias, posibles preparados, etc… A segunda parte, será unha cerimonia de conexión coa Natureza a nivel sensitivo, individual e grupal, unha invitación para deleitarnos coa enerxía das plantas.

CÓMO PARTICIPAR:

Esta formación realizarase en exclusiva para as persoas socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia de Kibutz, podes facerte socia aquí. A cota mensual para asociarte é de 10€/mes.

Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade para así poder ter control do aforo e poder cumplir coa actual normativa. O obradoiro realizarase ao aire libre en plena naturaleza. Aforo limitado.

DATAS E HORARIOS:

Luns 21 de Xuño de 17:00h a 19:30h. 

As crianzas son benvidas. Sempre son responsabilidade total das persoas adultas que os acompañan.

PREZO:

Aportación  voluntaria consciente. Ti decides a valoración económica desde curso. Grazas!

LUGAR:

Agradecemos moitísimo a Os Biosbardos, a cesíón de uso do seu espacio para a realización desde obradoiro.

Os Biosbardos • Cultura de Leira 

Dirección: Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña

Ubicación en google maps:

https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share

MATERIAL:

Trae o que poidas necesitar: calzado adecuado para as leiras, tesoiras, cesto, agua, merenda, mantiña para sentarte, sombreiro de palla ou gorra…

Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!

Para máis info: [email protected] ou 615399987 (Raquel)