Descripción
As sesións grupais de Danza Movemento en Terapia e Recursos Psicocorporais promoven a integración psicofísica das persoas no plano emocional, cognitivo e físico.
Contaremos con propostas que requiren do noso corpo como ferramenta e descubriremos as propiedades terapéuticas da danza e do movemento libre que afloran espontáneamente se deixamos que o noso corpo se exprese. O obxectivo será xerar un equilibrio psicofísico con todo o que está presente na nosa vida neste momento.
Non é necesaria experiencia previa no mundo da danza para participar nestas sesións pero si ter curiosidade e/ou gusto polo movemento corporal e a conexión corpo-mente-emocións.
Tamén se empregarán diversos recursos artístico-creativos para externalizar e anclar o traballo corporal vivido.
Sesións impartidas por Eva de la Torre Conde. Máster de Técnicas de Danza en Terapia e Recursos Psicocorporais. Esta formación súmase ao seu extenso percorrido previo no mundo das terapias alternativas, a meditación, o ioga, o movemento libre e a xestión emocional, así como no ámbito das artes, onde se define como artista multidisciplinar.
CÓMO FORMAR PARTE
Actividade exclusiva para persoas socias.
O ideal sería que viñeras a semana completa. Mais se só podes vir a algunha sesión solta ou a un bloque horario, serás benvid@. Neste último caso a inscrición previa límite será 2 días antes de cada sesión. Escribe en observacións da túa reserva que días asistirás.
PREZO:
Aportación voluntaria consciente.
DATAS:
Luns 14, martes 15 e mércores 16 de abril de 16:30h a 18:00h.
Xoves 17 e Venres 18 de abril de 11:30h a 13:00h.
LUGAR:
As sesións terán lugar ao aire libre na natureza no lugar Os Biosbardos Cultura de Leira (Lugar de Lendoiro, Cecebre- A Coruña).
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-
Esperámosvos!!!
Para máis info: kibutz@kibutz.es o 615399987 (Raquel) e 660375401 (Eva)