Descripción
As sesións grupais de Danza Movemento en Terapia e Recursos Psicocorporais promoven a integración psicofísica das persoas no plano emocional, cognitivo e físico.
Contaremos con propostas que requiren do noso corpo como ferramenta e descubriremos as propiedades terapéuticas da danza e do movemento libre que afloran espontáneamente se deixamos que o noso corpo se exprese. O obxectivo será xerar un equilibrio psicofísico con todo o que está presente na nosa vida neste momento.
Non é necesaria experiencia previa no mundo da danza para participar nestas sesións pero si ter curiosidade e/ou gusto polo movemento corporal e a conexión corpo-mente-emocións.
Tamén se empregarán diversos recursos artístico-creativos para externalizar e anclar o traballo corporal vivido.
Sesións impartidas por Eva de la Torre Conde, alumna do Máster de Técnicas de Danza en Terapia e Recursos Psicocorporais, formación que engade ao seu dilatado percorrido anterior polo mundo das terapias alternativas e da meditación, do ioga, do movemento libre e da xestión emocional, así como tamén no campo das artes, no que ela se define como artista multidisciplinar.
CÓMO FORMAR PARTE
Actividade aberta a persoas socias e non socias.
Para asistir, podes anotarte por mes ou por sesión solta. Neste último caso a inscrición previa límite será 2 días antes de cada sesión. Escribe en observacións da túa reserva que días asistirás.
PREZO:
Aportación voluntaria consciente.
DATAS:
Todos os xoves de SETEMBRO E OUTUBRO en horario de tarde de 18h a 19,30h
LUGAR:
As sesións terán lugar ao aire libre na natureza no lugar Os Biosbardos Cultura de Leira (Lugar de Lendoiro, Cecebre- A Coruña).
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-
Esperámosvos!!!
Para máis info: kibutz@kibutz.es o 615399987 (Raquel) e 660375401 (Eva)