Descripción
XORNADA DE CONSTRUCIÓN SOSTIBLE. Facilitada por Alberto Santos.
Este sábado 26 de marzo visitaremos a Tiny House e a cabaña alpina que Kibutz Cooperativa Galega está a contruir. Teremos tempo para falar sobre todas as dúbidas que teñades sobre a súa propia construción e a súa autosuficiencia enerxética, bioconstrución, etc…
Falaremos tamén sobre a creación de comunidades sostibles e utópicas.
Será unha xornada informal na que poderemos poñer en común os diferentes puntos de vista sobre novas formas de vivenda e vida.
CÓMO PARTICIPAR:
Actividade aberta a calquera persoa interesada na construción sostible sexa socia ou non da cooperativa.
Debes inscribirte con anterioridade. Aforo limitado.
DATAS E HORARIOS:
Sábado 26 de marzo de 11:00h a 14:00h
As crianzas son benvidas, sempre son responsabilidades das persoas adultas que as acompañan.
PREZO:
Gratuito.
LUGAR:
Agradecemos moitísimo a Os Biosbardos, a cesíón de uso do seu espacio para a realización desde obradoiro.
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Dirección: Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
MATERIAL:
Trae o que poidas necesitar: botas, roupa adecuada, agua…
Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!
Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)