Xornada Micolóxica – Primeiro domingo con boas previsións meteorolóxicas.

40,00

Precio socias: 0€ / NON socias: 40€.

Se queres facerte socia, +info aquí

 

Hay existencias

Categoría:

Descripción

Saímos ao monte na búsqueda de cogumelos!

Chegou o outono e con él os esperados cogumelos. Cantharellus, lepiotas, boletus, níscalos son das máis coñecidas, pero nesta xornada esperamos ver moitas máis. Anímaste?

Iremos da mán da Asociación Estruga. O Espazo Agroecolóxico A Estruga ten coma obxetivo aportar solucións sustentables e creativas para un óptimo e perdurable aproveitamento, a tódolos nivéis, do noso medio rural. Analizado dende un punto de vista agroecolóxico onde se prioriza a natureza, os animáis e, por suposto, as persoas. Impulsan profundamente o potencial que o noso patrimonio nos ofrece e xestionan accións baseadas nos principios de equidade social, económica e ambiental cos que xerar alternativas que enriquezan e valoricen a nosa contorna.

A Asociación A Estruga colabora actualmente na xestión dos coutos micolóxicos da Asociación de Veciños do Monte Forgoselo coa idea de dar relevancia ao aproveitamento micolóxico que tanta importancia e tradición ten na bisbarra.
 
 
Para iso, entre outras cousas, organizan eventos como o que imos a disfrutar, xornadas de divulgación en torno o aproveitamento do cogumelo, có fin de concienciar da importancia dos produtos que crecen nos nosos bosques e poden ser un importante motor da economía rural.

 

PROGRAMA

Identificar exemplares, inculcar boas prácticas no monte e aprender a observar a natureza é o que nos ímos a atopar nesta xornada que está aberta a todas as idades e niveis.
Non son necesarios coñecementos previos, calquera persoa pode disfrutar desta xornada. Todxs somos benvidxs!
 

FECHA

Domingo 13 de Outubro de 2019.

HORARIO:

10h a 12h Introdución á micoloxía
12h a 17h Saída para recoñecemento en campo
17h a 20h Identificación e degustación de cogomelos. Sí, remataremos a xornada con merenda degustación dos exemplares encontrados…ñam!! 
 
 

 

LUGAR:

Monte Forgoselo (As Pontes – A Capela)

MATERIAL 

Trae as túas botas, cesta, navalla e roupa preparada para chuvia ou calor.

Trae algo de picnic para comer e auga

 

PRECIO, inclue degustación

-0€ socias/os de Kibutz Cooperativa Galega ou socias da Asociación A Estruga. Accede dende a tua área privada 

-40€ non socias/os. Coñece as vantaxes de ser socia de Kibutz e disfruta desta xornada micolóxíca gratuita para as persoas socias aquí!!

 

Reserva a tua praza!

Si todavía queres ler máis… podes consultar as condicions de compra de cursos.