Obradoiro de Cerámica Primitiva con María López Fabal.

 

  • Domingo 20 de Xuño, 2021
  • Horario: 15:30h a 20:00h.
  • Prezo: aportación voluntaria.
  • Ubicación:
    Os Biosbardos – Lugar de Lendoiro, 15650 Cambre, A Coruña (Cómo chegar)
  • Obradoiro exclusivo para persoas socias de Kibutz Cooperativa Galega. faite socia por 10€/mes e goza deste obradoiro e de todo o resto de actividades e vantaxes. +Info aquí. 
Categoría:

Descripción

OBRADOIRO DE CERÁMICA PRIMITIVA 

A cerámica é o material que aparece tras o proceso de coción do barro. Tras a coción, o material gaña resistencia convertíndose nun obxeto ríxido e estable. Trátase dunha das primeiras artes desenvolvidas por persoas para a produción de todo tipo de contenedores, soportes, e módulos de construción, usados por grupos e sociedades dende o neolítico. En realidade son moitas as especies que usan o barro como material, non só as persoas. 

Neste taller de dous dias, non consecutivos, de duración, abordaremos un achegamento aos principios e historia da cerámica primitiva e os levaremos á práctica.. Gozaremos dos beneficios terapéuticos que proporciona a práctica da cerámica e traballaremos sempre ao aire libre, no exterior.

A primeira xornada estará dedicada á produción das pezas e na segunda xornada será onde realizaremos a cocción das mesmas.

Durante as semanas entre sesións, as pezas empezarán a secar lentamente, o barro irá perdendo a auga e encollerá. Debe facerse moi amodiño para que non se produzan roturas, especialmente cando se trata con barro salvaxe como será o noso caso.

As pezas deben ser supervisadas cada dia, permitindo retoques durante o secado. Formarase un grupo de whatsapp para manter o contacto e facer un seguimento da evolución das pezas, así como para dar avisos solicitando voluntarios para tarefas preparatorias da segunda sesión como a preparación do lugar da cocción, colleitar leña, etc…

OBXETIVOS 

Testar o barro local presente nas leiras dos Biosbardos e coñecer as súas posibilidades de uso.

-Aprender diferentes métodos de construción de cerámica. Produción de 2-3 pezas por participante.

-Demostración de diferentes técnicas de construción cerámica.

-Demostración de técnicas decorativas enfocadas á imprimación de texturas e incisións.

-Coción das pezas: transformación do barro en cerámica.

CÓMO PARTICIPAR:DATAS E HORARIOS:

Esta formación realizarase en exclusiva para as persoas socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia de Kibutz, podes facerte socia aquí. A cota mensual para asociarte é de 10€/mes.  

Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade para así poder ter control do aforo e poder cumplir coa actual normativa. O obradoiro realizarase ao aire libre en plena naturaleza. Aforo limitado.

DATAS E HORARIOS:

O obradoiro desenvolverase en 2 xornadas non consecutivas.

Primeira xornada: Domingo 20 de Xuño de 15:30h a 20:00h. 

Segunda xornada: pendente de axendar. Realizarase cando sexa posible solicitar un permiso de queimas.

 As crianzas son benvidas. Sempre son responsabilidade total das persoas adultas que os acompañan.

 PREZO:

 Aportación  voluntaria consciente. Ti decides a valoración deste curso. Grazas! 

 LUGAR: 

 Agradecemos moitísimo a Os Biosbardos, a cesíón de uso do seu espacio para a realización desde obradoiro.  

Os Biosbardos • Cultura de Leira  

Dirección: Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña 

Ubicación en google maps: 

https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share 

MATERIAL: 

Primeira sesión (non é imprescindible) 

Recipientes pequenos de plástico ou cartón.

Bolsas de plástico usadas.
Palillos modelar.
Esponxas usadas.
Cepillo dos dentes usado. 

Esperámosvos!!! Reserva a túa praza! 

Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)

 

Información adicional

Fecha de evento

26 de Abril – Bienvenida al proyecto 16:30h a 19:00h, 26 de Abril – Tiny House 10:30h a 19:00h ven a la hora que quieras, 26 de Abril – Agricultura Ecológica y Sintrópica 16:30h a 19:00h, 26 de Abril – Permacultura 16:30h a 19:00h, 28 de Abril – Land Art 16:30h a 18:30h, 28 de Abril – Tiny House 10:30h a 19:00h ven a la hora que quieras, 30 de Abril – Tiny House 10:30h a 19:00h ven a la hora que quieras, 5 de Mayo- Bioreconectarte 16:30h a 18:00h