Descripción
12 horas de Iniciación á Apicultura
Nesta ocasión presentámosvos dúas xornadas sobre Iniciación á Apicultura da man de AGA (Asociación Galega de Apicultura).
Contamos para esta formación có biólogo e apicultor Suso Asorey, maravilloso formador é mellor persoa, nunha ubicación con máximo encanto, A Casa das Abellas, situada en Abegondo.
Na primeira xornada, celebrada o pasado 4 de Maio, aprendemos sobre raiñas, obreiras e zánganos. Analizamos varias colmeas para poder empezar a recoñecer os estadíos das pequenas larvas. Empezamos a poder diferenciar as ubicacións do néctar, da mel, o polen, o propóleo e a posta de ovos dentro da colmea. Falamos sobre a velutina e as súas diferentes trampas e vimos todo o instrumental necesario para ser apicultor/a. Pasámolo xenial!!
Fixamos a segunda xornada para o sábado 6 de xullo donde aprenderemos a sacar o mel da colmea entre outras moitas cousas.
Aquí vos deixamos imaxes da xornada.