Descripción
COCIÑA DE LEIRA. Obradoiro de cociña sostible con Millo Orzán.
O próximo sábado 11 de marzo realizaremos un novo obradoiro de cociña sostible. Nesta ocasión contaremos con Moncho Méndez fundador do restaurante Millo Orzán e Dani Molero que nos visita dende o Bar Augustin situado en Menorca.
Millo Orzán fala da terra e do mar, fala do detalle e do coidado da cociña sen présa, da cociña de autor. O Bar Augustin é un bistró gastronómico de carácter viejóven onde o produto cobra o protagonismo.
Utilizando produtos das propias leiras de Os Biosbardos • Cultura de Leira realizarán a elaboración das súas exquisitas receitas nesta nova edición da cociña de leira.
O obradoiro realizarase con alimentos directos da leira ao prato. ¿Anímaste a experimentar esta viaxe a través do paladar?
PROGRAMA
Inspirado por alimentos ecolóxicos e de tempada presentes nas leiras de Os Biosbardos.
DATA:
Sábado 11 de marzo de 2023.
HORARIO:
11:00 a 13:00 pm
LUGAR:
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
DESTINATARIOS
O obradoiro está dirixido a todas as persoas, sen nengún coñecemento previo. Calquera persoa pode disfrutar da realización deste obradoiro.
PREZO
–15€ socias/os de Kibutz Cooperativa Galega. Accede dende a túa área privada.
–25€ no socias/os de Kibutz Cooperativa Galega. Reserva a túa praza.
Esperámosvos!!!
Para máis info: kibutz@kibutz.es o 615399987 (Raquel).