Descripción
COCIÑA DE LEIRA. Obradoiro de cociña sostible con Paula Patiño (ACastrexa).
Paula Patiño contaba xa desde hai varios anos cun laboratorio creativo culinario cando decidiu poñer en marcha o proxecto ACastrexa en 2016.
Crea alimentos que acheguen as tradicións máis auténticas de Galicia ao desexo das persoas máis esixentes que queiran probar novas experiencias.
Paula convida a explorar os seus pratos e así descubrir novas texturas, cores, aromas e sabores a través de combinacións que amplían o rexistro dos nosos sentidos. Os seus alimentos inspiran solucións creativas e permiten darlle un sabor único a cada receita e cada momento.
En ACastrexa animan aos seus clientes a enriquecer os seus pratos e receitas cunha acuarela de sabores.
Nesta ocasión cociñará nas leiras de Os Biosbardos con alimentos directos da leira ao prato. ¿Anímaste a experimentar esta viaxe a través do paladar?
PROGRAMA
Inspirado por alimentos ecolóxicos e de tempada presentes nas leiras de Os Biosbardos.
DATA:
Sábado 26 de novembre de 2022.
HORARIO:
11:00 a 14:00 pm
LUGAR:
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
DESTINATARIOS
O obradoiro está dirixido a todas as persoas, sen nengún coñecemento previo. Calquera persoa pode disfrutar da realización deste obradoiro.
PREZO
–15€ socias/os de Kibutz Cooperativa Galega. Accede dende a túa área privada.
–25€ no socias/os de Kibutz Cooperativa Galega. Reserva a túa praza.
Esperámosvos!!!
Para máis info: kibutz@kibutz.es o 615399987 (Raquel).