Descripción
Curso de introducción á carpintería.
Damos a benvida ó outono!! Propoñémosvos disfrutar dunha fin de semana nun entorno singular na compañía de Alberto Santos – cofundador de Kibutz, nunha xornada onde poderás iniciarte na carpintería básica coa creación de estruturas sinxelas de madeira. ¿Qué mellor maneira de empezar a nova estación aprendendo o manexo das diferentes ferramentas coas que traballar este noble material?
Empezaremos o día cun pequeno percorrido, onde nos coñeceremos e descubriremos o maravilloso lugar de Os Biosbardos • Cultura de Leira, un proxecto de agricultura 100% ecolóxica, situado en Lendoiro (Cambre).
PROGRAMA
Introdución ás estruturas básicas de madeira.
Plantexamento dos traballos a realizar.
Presentación da ferramenta necesaria.
Realización da cimentación con puntais de madeira.
Construción estructural de base, paredes e teitos.
DATA:
Sábado 17 e Domingo 18 de Outubro de 2020.
HORARIO:
10:00 a 17:00pm. Cada persoa pode traer o seu propio xantar e algo para compartir para facer unha comida comunitaria.
LUGAR:
Como moitos sabedes, a nosa formación é nómada, esto permítenos poder colaborar na visibilidade de proxectos afíns á filosofía de Kibutz. Nesta ocasión, o lugar elexido para esta formación é Os Biosbardos • Cultura de Leira.
Dirección: Os Biosbardos • Cultura de Leira: Lugar de Lendoiro, 15650 Cambre, A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?sharehttps://goo.gl/maps/oo45xXy4dC92
DESTINATARIOS
Aberto a todo tipo de persoas maiores de idade.
MATERIAL
Roupa e calzado axeitados para andar polo medio das herbas e se é posible trae a túa propia atornilladora, martillo e metro.
PRECIO
–0€ socias/os de Kibutz Cooperativa Galega.
–40€ persoas non socias/os de Kibutz Cooperativa Galega. Se aínda non eres socia de Kibutz, podes facelo aquí, a continuidade da cooperativa depende das persoas que nos apoian para dar salida a estas bonitas inciativas.
Se todavía queres ler máis… podes consultar as condicións de compra de cursos.