Descripción
As sesións grupais de Danza Movemento en Terapia e Recursos Psicocorporais promoven a integración psicofísica das persoas no plano emocional, cognitivo e físico.
Contaremos con propostas que requiren do noso corpo como ferramenta e descubriremos as propiedades terapéuticas da danza e do movemento libre que afloran espontáneamente se deixamos que o noso corpo se exprese. O obxectivo será xerar un equilibrio psicofísico que axude na toma decisións persoais.
Non é necesaria experiencia previa no mundo da danza para participar pero si ter curiosidade e/ou gusto polo movemento corporal e a conexión corpo-mente-emocións.
Tamén se empregarán diversos recursos artístico-creativos para externalizar e anclar o traballo corporal vivido.
Estas sesións forman parte das prácticas que Eva de la Torre Conde está a realizar como alumna do Máster de Técnicas de Danza en Terapia e Recursos Psicocorporais, formación que engade ao seu dilatado percorrido anterior polo mundo das terapias alternativas e da meditación, do ioga, do movemento libre e da xestión emocional, así como tamén no campo das artes, no que ela se define como artista multidisciplinar.
A participación é gratuita para as personas socias de Kibutz S. Coop Galega. Prégase un compromiso de asistencia ás 10h propostas repartidas no horario que se indica máis abaixo.
CÓMO FORMAR PARTE
Esta formación será gratuíta para calquera persoa socia da cooperativa. As persoas non socias poderán participar facéndose socias (10€/mes e teñen dereito a esta e ao resto de actividades que a cooperativa oferta sen obriga de permanencia).
A inscrición en cada quenda pecharase 10 días antes do comezo das sesións.
DATA:
Haberá opción de elixir entre dúas quendas:
Do 17 ao 20 de XULLO
De luns a xoves en horario de mañá: 10h a 12,30h
—
Do 7 ao 10 de AGOSTO
De luns a xoves en horario de tarde: 18h a 20,30h
LUGAR:
As sesións terán lugar ao aire libre na natureza no lugar Os Biosbardos Cultura de Leira (Lugar de Lendoiro, Cecebre- A Coruña).
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
Esperámosvos!!!
Para máis info: kibutz@kibutz.es o 615399987 (Raquel) e 660375401 (Eva)