Presentación do libro: “Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor” – con Alexandre Grande Babarro – 3 de Marzo en Guísamo (A Coruña)

  • Data: 3 de Marzo do 2020
  • Horario: 13:00 a 14:00pm
  • Ubicación:
    Auditorio da Escola Agraria de Guísamo (CFEA Guísamo)
    Lg. Bos, 14, 15640 Bergondo, C

    (Cómo chegar)

Categoría:

Descripción

Con moita ledicia, A Flor Da Vida Permacultura e Kibutz Cooperativa Galega, convidamos a todas as persoas interesadas, á presentación do primeiro libro escrito en galego sobre Permacultura de Alexandre Grande Babarro da editorial Catro Ventos.
 
 

Permacultura. Unha caixa de ferramentas para deseñar un mundo mellor

Ademais dun sistema de deseño, a permacultura converteuse nunha filosofía de vida. Os seus principios e éticas sérvennos para habitar este planeta dunha forma máis responsable. Velaquí unha caixa de ferramentas coas que tomar conciencia e actuar cara a unha mudanza ecosocial necesaria.

Quen pense que a permacultura ten que ver coa disposición dos cultivos ou con bioconstrución, vai por bo camiño, pero non atopará aquí o típico libro de permacultura, senón un libro que vai moito máis alá. A súa esencia é nutrir e espallar a visión dunha permacultura integral e práctica que nos axudará a tomar consciencia dos retos actuais, a avaliar axeitadamente as nosas posibilidades e a tecer redes.

Desde as experiencias persoais e unha traxectoria profesional activa e activista, pero sobre todo desde a curiosidade cara a proxectos que apostan por outro mundo posible, Alexandre Grande Babarro preséntanos nesta obra unha visión global da permacultura que abrangue historia, referentes, trazos característicos, ferramentas de deseño e recursos para un mundo mellor. Completa ademais a súa achega coa presentación de proxectos asentados en Galicia que nos propoñen respostas reais e viables ás crises ecolóxica e sistémica mundiais.

Alexandre Grande Babarro

Alexandre Grande Babarro, galego, nado en 1985. Xunta a toda a unha experiencia práctica en distintos contextos e lugares do mundo un constante proceso de aprendizaxe que o levou a formarse en permacultura, deseño de ecoaldeas, transformación ecosocial e metodoloxías de proxectos en institucións como o Instituto Chileno de Permacultura, Gaia Education, o Instituto de Permacultura Ná Lu’um ou a Gaia University. En 2014, cofunda en Vigo o proxecto Ecolectivo, unha iniciativa multidisciplinar de carácter experimental baseada na ecoloxía e outros ámbitos ecosociais, hoxe en día un dos espazos de referencia en permacultura no territorio español. Entre 2015 e 2019 asume a coordinación xeral en Europa do Instituto de Permacultura Ná Lu´um, facilitando numerosas formacións en diversos proxectos e países.

 

  • Data: 3 de Marzo do 2020
  • Horario: 13:00 a 14:00pm
  • Ubicación:
    Auditorio da Escola Agraria de Guísamo (CFEA Guísamo)
    Lg. Bos, 14, 15640 Bergondo, C

    (Cómo chegar)

Agradecemos ao CFEA GUÍSAMO a sua colaboración e cesión do espazo para achegar estas propostas aos estudantes e público en xeral.
Vémonos alí, non é preciso inscripción previa!

Organizan