Celebramos a chegada da Primaveira. Luns 21 de marzo ás 17:00h en Os Biosbardos.

Faite socia/o por 10€/mes e disfruta de tódalas vantaxes de formar parte de Kibutz Cooperativa Galega, +info aquí.

 

Categoría:

Descripción

CELEBRACIÓN DA CHEGADA DA PRIMAVEIRA.

A primaveira xa está aquí e merece ser celebrada.

Nesta data celebramos a fertilidade da terra. Tras o inverno, a natureza renóvase grazas á choiva e aos raios de sol, que fan que da terra volva brotar vida.

Ven a celebrar a primaveira con nós! Merenda comunitaria.

CÓMO PARTICIPAR:

Actividade exclusiva para socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia, podes facerte socia aquí. 

A cota mensual para asociarte é de 10€/mes. Con esta cuota colaboras ao mantemento económico da cooperativa e das súas persoas traballadoras. Inclúe un seguro de responsabilidade civil e de accidentes necesarios para realizar calquera actividade presencial organizada por Kibutz. 

Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade. Aforo limitado.

DATAS E HORARIOS:

Luns 21 de marzo de 17:00h a 19:00h.

As crianzas son súper benvidas, sempre son responsabilidade das persoas adultas que os acompañan.

PREZO:

Gratuito.

LUGAR:

Agradecemos moitísimo a Os Biosbardos, a cesíón de uso do seu espacio para a realización desde obradoiro.

Os Biosbardos • Cultura de Leira 

Dirección: Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña

Ubicación en google maps:

https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share

MATERIAL:

Trae algo de merenda para compartir, intenta traer o menos plástico posible. Se tes algunha habilidade que queiras compartir tamén será súper benvida: musical, artística, etc…todo vale, o caso é xuntarnos e pasalo ben!

Esperámosvos!!! Reserva a túa praza!

Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)