Descripción
Roteiro de plantas silvestres comestibles con Andrés Santos – Comeplantas Vigo
A primaveira xa está aquí e con ela a explosión da natureza!! Propoñémosvos disfrutar deste precioso día na compaña de Andrés Santos – Comeplantas Vigo, nunha xornada donde aprenderemos a identificar e a cociñar múltiples plantas comestibles presentes no noso entorno. ¿Qué mellor maneira de empezar a nova estación pasando o día paseando, coñecendo as numerosas plantas comestibles que nos ofrece a natureza, cociñando e comendo xuntxs…alguén da máis??
Empezaremos o día cun pequeno percorrido, na búsqueda das plantas silvestres máis comúns na nosa contorna, aprenderemos a identificalas e volveremos á casa (Cambre) para facer un xantar delicioso e salvaxe coas plantas que apañemos.
Durante os últimos 6 anos, Andrés Santos, foi incluíndo na súa dieta, gran parte das plantas silvestres que apaña pola súa zona, en Cabral, nos arredores de Vigo, gracias aos seus coñecementos aprendidos ao redor do mundo dos usos, propiedades e beneficios das chamadas «malas herbas».
Dende hai 3 anos, fai repartos de comida en bici, entregando racións cheas de vida e amor feitas por él, con legumes e cereais, misturadas de tódolos xeitos posibles, tanto con plantas cultivadas coma silvestres. Todo apañado no momento para conservar a maior frescura posible e aproveitar todos os nutrintes. O pasado verán, xunto cunha socia, andiveron polas feiras ecolóxicas ofrecendo empanadas e galletas feitas con plantas silvestres donde tiveron un grande éxito.
PROGRAMA
Daremos un pequeno paseo para ir facendo fame, onde iremos identificando algunhas das plantas que nos vaiamos atopando e que nos interesen para o xantar.
Aprenderemos cómo identificalas e diferencialas, dun xeito práctico, donde teremos que activar todos os nosos sentidos para explorar texturas, olores, cores, sonidos e sabores, así como, poñeremos en práctica a intuición á hora de escoller a nosa comida.
Con todo o que apañemos, faremos unha ensalada con legumes e cereais, unhas empanadas e algo de postre sorpresa.
DATA:
Sábado 21 de Marzo de 2020.
HORARIO:
11:00 a 18:00pm. Unha vez rematado o evento a casa está aberta para pasar a tarde sen presa.
LUGAR:
Como moitos sabedes, a nosa formación é nómada, esto permítenos poder colaborar na visibilidade de proxectos afíns á filosofía de Kibutz. Nesta ocasión, o lugar elexido para esta formación é unha preciosa vivenda rural en cesión de uso que disfruta un dos nosos cofundadores da cooperativa. Moitos de vós xa a coñecedes. Ubicada en Cambre, moi preto da Coruña.
Agradecemos moito a Alberto a cesión de uso do seu marabilloso espacio para a realización desta xornada.
Dirección: Peiraio, 55, 15659 Cambre, La Coruña – casa unifamiliar
Ubicación en google maps:
https://goo.gl/maps/oo45xXy4dC92
DESTINATARIOS
Aberto a todo tipo de persoas e, se veñen cativos, será máis divertido!
MATERIAL
Trae:
Roupa e calzado axeitados para andar polo medio das herbas.
Unha cesta de mimbre ou similar.
Bolsa de tela para poder levar plantas para a casa.
PRECIO
–12€ socias/os de Kibutz Cooperativa Galega.
–25€ persoas non socias/os de Kibutz Cooperativa Galega.
Nenas e nenos gratuito, sempre acompañadxs de adultos.
Se todavía queres ler máis… podes consultar as condicións de compra de cursos.