Descripción
VEN A CELEBRAR O MAGOSTO NAS LEIRAS.
Este mes preparamos unha celebración especial de Magosto, será o domingo 17 de Outubro, unha reunión presencial dun día enteiro de duración con diferentes actividades:
12:00h – Xornada de portas abertas onde explicaremos todo o proxecto, as entidades que o conforman e todas as actividades ás que podes unirte con continuidade. Aberto a calquera persoa que teña interese en coñecer o que estamos a realizar, previa inscripción nesta mesma web.
12:00h – Obradoiro de Cerámica Primitiva. As persoas socias que o desexen poderán participar durante todo o día na segunda edición deste obradoiro, onde se realizará a coción de varias pezas de cerámica realizadas nas fincas.
14:00h – Xantar e romería popular. Trae a túa comida, agua, manta, silla ou o que creas necesitar para papar en comunidade. Non esquezas o teu instrumento musical. Haberá castañada de postre e jam session tradicional!
17:00h – Reunión das persoas socias. A intención é compartir a nosa experiencia nas fincas durante o verán e falar do que nos apetece facer neste outono.
19:00h – Peche da xornada.
Benvid@s á celebración do Magosto deste domingo 17 de Outubro a partires das 12:00h da mañá en @osbiosbardos.culturadeleira.
Non é só unha celebración, é moito máis!!!
CÓMO PARTICIPAR:
A xornada de portas abertas das 12:00h da mañá será aberta a calquera persoa sexa ou non da cooperativa interesada en coñecernos.
O resto das actividades realizaranse en exclusiva para as persoas socias de Kibutz Sociedade Cooperativa Galega, se aínda non es socia de Kibutz, podes facerte socia aquí. A cota mensual para asociarte é de 10€/mes.
Se xa es socia de Kibutz Cooperativa Galega e desexas participar, debes inscribirte con anterioridade para así poder ter control do aforo e poder cumplir coa actual normativa. Todas as actividades realizaranse ao aire libre en plena naturaleza. Aforo limitado.
DATAS E HORARIOS:
Domingo 17 de Outubro de 12:00h a 19:00h aproximadamente.
As crianzas son súper benvidas. Sempre son responsabilidade total das persoas adultas que os acompañan.
Nota sobre a climatoloxía: Se chove, trasladaranse todas as actividades propostas ao seguinte domingo que non choiva.
PREZO:
Toda a xornada é GRATUITA a excepción do Obradoiro de Cerámica Primitiva donde se agradece unha aportación voluntaria consciente para a persoa formadora. Ti decides a valoración económica desta actividade.
LUGAR:
Agradecemos moitísimo a Os Biosbardos, a cesión de uso do seu espacio para a realización desde marabilloso Magosto.
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Dirección: Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
COUSAS QUE PRECISAS TRAER:
Trae o que poidas necesitar: calzado adecuado para as leiras, comida, agua, merenda, mantiña para sentarte, silla, sombreiro de palla ou gorra, botas ou o que creas que poidas precisar.
Esperámosvos!!! Reserva a túa praza! Ven a celebrar con nós!
Para máis info: kibutz@kibutz.es ou 615399987 (Raquel)