Descripción
🍄 XORNADA DE MICOLOXÍA
Impartido por Saúl de la Peña-Lastra, micólogo e investigador da USC
Achegámosvos unha xornada para mergullarnos no fascinante mundo dos fungos, aprender a recoñecelos no seu hábitat natural e coñecer as súas aplicacións culinarias.
Trátase dun obradoiro teórico-práctico dun día, pensado para conectar coa natureza, descubrir os segredos dos cogomelos e desfrutar do outono en boa compañía.
Durante o curso realizaremos unha saída guiada ao monte, onde aprenderemos a identificar diferentes especies, e máis tarde limparemos, cociñaremos e degustaremos os cogomelos recollidos.
QUÉ APRENDERÁS?
1. Introdución á micoloxía
- Qué son os fungos e cómo se relacionan co ecosistema.
- Especies comestibles, tóxicas e curiosidades do mundo fúngico.
2. Saída ao campo (se chove, non se suspende).
- Recoñecemento e recolección responsable de cogomelos.
- Boas prácticas para a conservación do medio.
3. Cociña e degustación
- Limpeza e preparación dos cogomelos.
- Elaboración realizada por Nuria de @mosa.pastelera e degustación colectiva das receitas.
CÓMO PARTICIPAR:
Actividade aberta a calquera persoa interesada, sexa ou non socia da cooperativa.
Inscrición previa obligatoria. Prazas limitadas.
Nota: Impulsamos o asociacionismo. Se aínda non es socia, podes darte de alta aquí. A cota mensual é de 10€/mes.
DATA E HORARIOS:
Sábado 15 de novembro de 10:00 a 19:30h. Hora de quedada ás 10:00h en Os Biosbardos Cultura de Leira.
As crianzas son benvidas, sempre baixo a responsabilidade da persoa adulta que as acompañe.
(Os seguros de responsabilidade civil e accidentes non cobren menores de idade.)
Trae roupa e calzado cómodo (recomendable unha muda), cesta, navalla e pincel.
Leva comida para xantar no campo e se queres algo para compartir.
PRECIO:
30€ personas non socias.
20€ socias.
LUGAR:
Agradecemos enormemente a Os Biosbardos a cesión do seu espazo para a realización deste obradoiro.
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Dirección: Lugar de Lendoiro 15660 Cambre – A Coruña
Ubicación en google maps:
https://g.page/os-biosbardos-cultura-de-leira?share
RECOMENDÁMOSCHE TRAER:
- Caderno de notas
- Cadeira plegable para sentarte para xantar
- Calzado e roupa adecuada e muda.
- Auga, merenda, paraugas, etc.. e calquera outro elemento que creas necesario.
📩 Máis información: kibutz@kibutz.es | 📞 615_39_99_87 (Raquel)